Saturday 18 de May de 2024

Unha vintena de nenos e nenas participa na primeira edición dos obradoiros do Lousame Concilia de Semana Santa


Un total de vinte nenos e nenas, de entre 3 e 12 anos, participaron esta semana no Lousame Concilia, o programa de conciliación do Concello de Lousame que por primeiro ano se celebrou tamén nas vacacións escolares de Semana Santa. Uns pequenos e pequenas que participaron en divertidos obradoiros e xogos, realizaron saídas ao parque e viron algunhas películas.

Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia.